martes, 20 de marzo de 2012

RISCOS: NATURAIS OU PROVOCADOS POLA ACCIÓN HUMANA.

Trátase de investigar, recoller información e elaborar una presentación sobre un risco que pode ocorrer na nosa comunidade.
Poderías responder ás seguintes cuestións:
  • Que características ten o desastre natural?
  • Cales son as súas sinais de alerta?
  • Cal é o incidente histórico máis memorable sobre o desastre que se está estudando? Cando ocorreu?
  • En que outro lugar aconteceu este desastre natural?
  • Que se pode facer para prepararse para o desastre que se está estudando?
  • Explica as accións a acometer se o desastre ocorre.

     1. Información sobre respostas ante desastres.  
    2.  Presentación dun desastre natural: 
     

domingo, 11 de marzo de 2012

A hora do planeta

A hora do planeta é o movemento global contra o cambio climático máis grande da historia. Este ano, a loita pola conservación do planeta convértese nun reto global, no que cada cidadán demostrará, co seu exemplo, a importancia dos pequenos xestos.
Desde fai seis anos, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unense contra o cambio climático.
A Hora do Planeta pretende apagar a luz e compartir os compromisos con amigos e familiares a través das redes sociais para conservar o Planeta.http://www.horadelplaneta.es/participa-centros.php

viernes, 9 de diciembre de 2011

Bosques patrimonio da humanidade

De Bosques patrimonio da humanidade
Estase reducindo a taxa de deforestación e perda de bosques no planeta, esto é grazas á súa recuperación  na zona temperada. En cambio, a maioría das actuacións contra os bosques seguen dándose nas rexións tropicais. Neste albúm de fotos atoparas imaxes de paisaxes arboladas que teñen a consideración de Patrimonio da Humanidade.
A partir do explicado na presentación das paisaxes naturais:
1. Escolle cinco imaxes do albúm que representen bosques da zona cálida e temperada.
2. Describe que características os identifican como tales, segundo a fotografía.
3. Localiza nun mapamundi os países onde se atopan, e comproba co mapa dos climas a que variedade pertencen.
4. Investiga que organismo decide o que pode ser Patrimonio da Humanidade.
5. Por que deben existir medidas de protección dos bosques?

domingo, 30 de octubre de 2011

Os bosques

O tempo de outono resulta especial nos bosques de caducifolias, as follas mudan de cor e van caendo para alimentar o solo. Nas Fragas do Eume o suceso faise moi visible; as fragas son un Parque Natural protexido pola súa excepcional pervivencia do bosque atlántico nun entorno tan humanizado como as terras do golfo Artabro.